Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un gran Cortegoso salva ao Choco

RR_Noticias

A excelente actuación do porteiro local foi decisiva na vitoria ante o Arousa en Santa Mariña. Na Primeira Autonómica o Arcade tamén se impuxo no campo da Guía, mentres que en Segunda gañou o Cesantes e perdeu o Atl. de Vilar. No balonmán victoria tamén do Chapela en Primeira Nacional, que se impuxo nun importante partido ao Lalinense.

Terceira División
Choco 1-0 Arousa
Cortegoso permitiu que o Choco siga sumando como vitorias todos os partidos da casa, e ascende á décima posición. Os redondeláns adiantáronse pronto nunha acción de Félix, que se desmarcou entre liñas, combinou con Xián e realizou o desmarque para recibir na área e rematar. O balón golpeou no porteiro Manu Táboas e despois en Trapero antes de colarse na portaría do Arousa. O equipo de Vilagarcía tratou de reaccionar, pero o Choco aguanto, malia que na última media hora tivo que pecharse na súa área. O Arousa non deixou de tentalo para marcar o empate, pero atopouse cun gran Cortegoso, que fixo até catro intervencións decisivas para manter a súa portaría a cero. A próxima semana os xogadores de Gonzalo Fernández “Gonza” buscarán mellorar os seus resultados a domicilio no campo do Racing de Ferrol.
Choco: Cortegoso, Lazcano, Xián, Alberto Suárez, Samu, Caloi, Comis, Gabi Misa (Vilas, min. 65), Félix, Cora (Nacho, min. 59), Gabri Palmás (Zamorano, min. 80).
Arousa: Manu Táboas, Torrado, Tape, Trapero (Nogueira, min. 46), Iago Martínez, Xullo Rei (Cristóbal, min. 89), Javi Otero, Manu Rodríguez, Luís García, Óscar “Chiqui”, Mauri.
Gol: 1-0, min. 18: Trapero, en propia porta.
Primeira Galega

A Guía 3-4 Arcade
O Arcade foi sempre por diante, cun gol de Pazos, de penalti, e tres de Adrián Buján. A Guía tentou a remontada e a punto estivo de empatar cos goles de Pablo, Brendan e Alejandro. Na próxima xornada recibe ao Mos.
Segunda Galega

Cesantes 3-2 Bueu
Emocionante partido entre Cesantes e Bueu. Os tantos visitantes fíxoos o mesmo xogador, Vivi, ambos na segunda metade. Os goles da vitoria local foron de Fabián, Xacobe e Isaac. O Cesantes, 11º, na próxima xornada visita o campo do Marín.
Atl. Vilar 1-2 Vincios
Sorprendente vitoria do Vincios en San Martiño, que chegaba a Vilar como un dos pechacancelas do grupo. Os de Mon Sanromán son agora 12º, na próxima xornada visitan o campo do Mosende, tamén da parte baixa da táboa.
Terceira Galega

Lavadores 2-4 Chapela
Merecida vitoria do Chapela nun encontro no que todos os goles chegaron na segunda metade. Adiantáronse os redondeláns e o Lavadores sempre foi a remolque. O Chapela é agora 6º, a só 1 punto do Lavadores. Na próxima xornada reciben ao Sampaio, da metade baixa da táboa.
Fútbol Sala Terceira División

Pazos de Borbén 2-1 Campito
Os de Fran Amoedo fixéronse co derbi nun partido moi especial para ambos conxuntos. O triunfo deixao ao Pazos como líder e aos de Chapela en postos de descenso. Na próxima xornada a cita para o Pazos é o sábado ás 16:45 no pabillón do F.S. Bueu. O Campito recibirá o domingo ás 19.00 horas ao Talleres ABC Vigo IES Coruxo.
Balonmán

División de Honra Prata Feminina
Xornada de descanso nesta pasada fin de semana. Na próxima xornada o Chapela xoga na pista do Cleba e a SAR recibe ao Lanzarote, coas canarias na 6ª praza. Os dous encontros serán o sábado, día 1 de decembro, ás 17:30 no Pavillón de San Esteban e ás 20.00 horas no pavillón da Marisma.
Primeira Nacional

Chapela 38-36 Lalinense
Prometía ser o partido da xornada e así resultou. Foi un partido totalmente tolo onde non existiron as defensas e dedicáronse a correr ao longo da pista. O Chapela dominou o duelo sempre con vantaxes que chegaron a ser de cinco goles, pero o Lalín resistiuse aínda que os de Teixeira amarraron o triunfo.
Primeira Autonómica

Sar 26-24 Seis do Nadal
Trinfo redondelánno derbi comarcal que deixa á SAR na 3ª praza do grupo. O sábado xogan na pista do Pabellón Ourense.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará