Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Local denuncia falta de medios

RR_Noticias

Membros da Policía Local fixeron chegar á Agrupación de Electores de Redondela as súas demandas laborais. O que transmiten, en xeral, son graves deficiencias nos equipamentos para levar a cabo o seu traballo, como a falta dun etilómetro para facer probas de alcolemia ou chalecos antibalas.

Para facer probas de alcolemia, os axentes deben solicitar a presenza da Garda Civil de Tráfico ou a Policía Local dalgún concello veciño. Asemade, axentes da Policía Local denuncian outras deficiencias nos equipamentos necesarios para o desenvolvemento do seu traballo, como chalecos antibalas persoais. Membros da Policía Local de Redondela fixeron chegar á AER estas demandas que, segundo explican “están sendo desatendidas polo goberno local”. O que transmiten, en xeral, son “graves deficiencias” nos equipamentos que precisan para levar a cabo o seu traballo. Os dispositivos de comunicación de circuíto pechado que usan os axentes, os “walkie-talkies”, non funcionan ben. Segundo recoñecen os axentes, moitas veces cando chegan ao servizo o aparello non funciona ou faino de xeito deficiente. Os axentes denuncian en xeral a falta de dotación “en todos os equipamentos para o normal desenvolvemento do seu traballo”. Aseguran que conseguir unhas botas de traballo, un pantalón ou unha chaqueta do uniforme convértese “nunha odisea”. Ademais explican que cando solicitan roupa, entréganlla “sen rótulos e sen axustarse á normativa”. Advirten que non se trata de reclamar “un privilexio ou un capricho” senón que están a falar “dunha obriga que o Concello non está a cumprir”, segundo denuncian os axentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará