Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Banco de Alimentos quere reunir 15.000 quilos de comida na gran recollida de Redondela

RR_Noticias

A Fundación Provincial Banco de Alimentos organiza para o venres e sábado, días 30 de novembro e 1 de decembro, a campaña “Gran Recollida Solidaria”. En Redondela os voluntarios estarán en seis establecementos para recoller doazóns de alimentos non peredecoiros. Este ano queren superar a cifra do ano pasado, cando recolleron 11.000 quilos de alimentos.

Iván Martínez, vicepresidente do Banco de Alimentos, explica que se trata da campaña “máis importante do ano” nunha época na que os andeis do seu almacén están “case baleiros”. O pasado ano recolleron en toda a provincia de Pontevedra 325.000 quilos de alimentos, cos que axudan a 25.000 persoas en situación de vulnerabilidade. No caso de Redondela estarán en seis supermercados das cadeas Día, Familia, Froiz e Mercadona. Martínez confía en superar a cantidade recollida o ano pasado “e chegar aos 15.000 quilos de alimentos en Redondela”. Desde a fundación fan un chamamento á colaboración da cidadanía non só nas achegas de alimentos, senón tamén participando como voluntarios. En Redondela precisan unhas 50 persoas para colaborar na recollida, e Martínez anima aos veciños a participar nesta cita solidaria. Asegura que sempre supón “unha gran satisfacción persoal”. Os que desexen colaborar poden poñerse en contaco co Banco de Alimentos a través da súa páxina web www.bancoalimentosvigo.org ou a través do teléfono 986.263.022. Alimentos non perecedoiros En canto ao tipo de alimentos que recollerán na gran campaña da fin de semana, explican desde a asocación que serve “calquera tipo de alimento non perecedoiro”. Os máis demandados son produtos de primeira necesidade “que as familias consomen a diario”, como leite, aceite, azucre, cacao ou calquera tipo de conservas. Recomendan tamén a achega de legumes envasadas, como fabas, xudías ou garabanzos, que supoñen unha preparación sinxela e rápida “sen necesidade de longos procesos de cocción que supoñen un alto gasto enerxético”.

Iván Martínez vicepresidente do Banco de Alimentos
Explica que se trata da campaña "máis importante do ano". Queren reunir 15.000 quilos de comida na gran recollida de Redondela.
Voluntarios
Desde a fundación fan un chamamento á colaboración da cidadanía non só nas achegas de alimentos senón tamén participando como voluntarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará