Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os nenos de Redondela berran basta xa contra a violencia machista

RR_Noticias

Alumnos dos centros educativos de primaria e secundaria do municipio foron os protagonistas do acto institucional organizado este venres co gallo do 25 de Novembro. Foron os encargados de elaborar o manifesto deste ano no que lanzan unha mensaxe para que a sociedade se una contra esta lacra social. As actividades continuarán durante a fin de semana cunha ruta turística pola vila o sábado e o concerto do coro de mulleres “Son Elas” o domingo no multiúsos da Xunqueira.

 “Que ninguén siga mirando para outro lado” este era un das mensaxes que os alumnos dos centros educativos de Redondela recolleron no manifesto co que este ano se conmemora o Día Contra a Violencia de Xénero. Un texto colleita do pleno infantil no que se recolle a necesidade de seguir traballado a través de obradoiros, charlas, exposicións e outras iniciativas para erradicar a violencia contra as mulleres, visibilizar o seu traballo e previr e erradicar este tipo de condutas entre os máis novos. Porque como lembraban as usuarias do Centro de Información á Muller de Redondela se avanzou neste ámbito pero quedan “moitas barreiras” por salvar. Un acto no que a concelleira de Igualdade e Muller, Teresa París, fixo fincapé en que en Redondela tamén hai violencia machista e lembraba o asasinato de Mª José Mateo “Sesé” a mans da súa ex parella en Chapela hai dous anos. París instaba a non ser indiferentes ante este problema. Unha xornada de conmemoración na que os alumnos do IES Chapela, IES Illa San Simón, IES Floriani, CEP Santa Mariña e Colexio Vigo tamén elaboraron unha alfombra floral en forma de lazo, que se pode ver no multiúsos da Xunqueira, e que remataba coa representación da obra de teatro “Lavandeiras” e a ofrenda floral na árbore Ginkgo Biloba da Alameda onde se homenaxeou e lembrou ás mulleres que foron vítimas da violencia. A programación continuará este sábado cunha ruta turística pola vila con saída dende a oficina de turismo na xornada do sábado ás dez da mañá e o domingo será a quenda para a música co concerto do coro de mulleres “Son Elas” no multiúsos da Xunqueira, ás 18.00 horas, con entrada de balde.    

Concelleira Muller Teresa París
París lembra que ningún lugar se salva da violencia machista e insta a traballar todos na súa erradicación
Acordo pleno infantil
Os estudantes de infantil e primaria foron os encargados de marcar as medidas a pór en marcha
Usuarias do CIM
Lembran que malia os avances aínda quedan moitas barreiras que salvar
Manifesto 25 de Novembro
Os alumnos de primaria e secundaria de Redondela foron os encargados de elaborar o manifesto deste ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará