Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Obradoiro de estudos locais Fernando Monroy entrega os premios do Concurso de Fotografía

RR_Noticias

O Círculo Cultural Deportivo de Cesantes acolle este domingo, día 25, a entrega de premios do XIII Concurso de fotografía que organiza o colectivo, coa inauguración da mostra e a proxección dun documental. Haberá música co actuación do grupo “Lembranzas moañesas”.

O premio á mellor fotografía na edición deste ano é para Ricardo García coa imaxe “Las extrañas amistades”. Na categoría xuvenil o 1º premio recíbeo Andrés González Cabaleiro coa fotografía “Olvido” e o 2º Noa Xisto Cobas, con “Reflexos”. Na categoría para adultos resultou gañador Javier Yarnoz Sánchez, coa imaxe “Otros tiempos”, e o segundo premio é para Irene Míguez Martínez coa fotografía titulada “A man que me deu de comer”. O acto comezará ás 18.00 horas, e contará coa proxección do documental “O choco de Redondela” e a actuación musical do grupo “Lembranzas moañesas”. A exposición coas imaxes do XIII Concurso de Fotografía estará aberta ata finais de ano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará