Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

En Redondela 0,0 machismo

RR_Noticias

Charlas, música, teatro, unha andaina e vídeo forums compoñen a proposta do concello para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. O acto central celebrarase o venres na praza do concello coa intervención de mulleres, a lectura dun manifesto que este ano foi elaborado polo pleno infantil e a obra de teatro “Lavandeiras”. Dende o goberno local lembran que este é un problema de todos e só entre todos conseguirase erradicar esta lacra social.

“Ataques físicos, psicolóxicos, familiares, de dominación e malos tratos sociais. A violencia contra a muller deixa vítimas. Son innumerables. Son demasiadas”. Así o lembraba a concelleira de Igualdade e Muller, Teresa París, na presentación da programación do 25 de Novembro, que comezaba este luns cunha charla no Multiúsos do Piñeiral do Crego sobre a violencia entre os maiores impartida pola asociación viguesa Mulleres en Igualdade. Durante toda a semana celebraranse actividades para concienciar e dar a coñecer esta problemática a través de propostas que van dende o cine, pasando pola música, o teatro, a literatura así como charlas e exposicións. O martes, mércores e venres, as asociacións de Cesantes, Vilar de Infestas e a Asociación de Mulleres Agarimo de Chapela acollerán sesións de cine e coloquio, con temáticas relacionadas coa muller e a violencia machista. O xoves a asociación Arela impartirá unha charla sobre a saúde alimentaria da muller ás 17.00 horas na antiga Escola de Tuimil. O venres celebrarase o acto institucional ás portas do concello onde a partir das dez da mañá rapaces dos centros educativos redondeláns participarán na elaboración dunha alfombra floral en forma de lazo xigante na praza da Constitución que se poderá ver até o domingo. Ás doce darase lectura ao manifesto no que este ano participaron os membros do pleno infantil. Contarase tamén coa participación de varias mulleres e da representación da obra de teatro “Lavandeiras”. Posteriormente realizarase a ofrenda flora coa que se lembrarán a todas as vítimas da violencia machista. As actividades continuar durante a fin de semana cunha ruta turística pola vila con saída dende a oficina de turismo na xornada do sábado ás dez da mañá e o domingo será a quenda para a música co concerto do coro de mulleres “Son Elas” no multiúsos da Xunqueira ás 18. 00 horas con entrada de balde. Propostas ás que hai que engadir a exposición que se pode visitar até o día 25 deste mes no multiúsos da Xunqueira,  da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, “A violencia de Xénero dille non” sobre agresións sexuais entre a mocidade e a campaña da maleta viaxeira de lecturas “Corazón de muller, Cerebro de muller”que se pode consultar na Asociación Cultural de Cabeiro dende o día 19 de novembro. Os perigos das redes sociais entre os máis novos Este ano estase a facer especial incidencia na poboación máis nova a través dunha campaña de concienciación que o Centro de Información Á Mullere de Redondela está a desenvolver nos institutos. Alertan dos perigos que agochan as redes sociais ademais de ofrecer recomendacións para o seu uso e evitar casos de acoso ou violencia machista. Información que se fai chegar ás familias e aos estudantes a través de paneis informativos e dípticos.    

Alcalde Javier Bas
O rexedor local incide na importancia de traballar todos xuntos para erradicar a violencia machista
Concelleira Muller Teresa París
París destaca que esta data serve para concienciar e para lembrar a todas as mulleres que sufren calquera tipo de violencia
Acto institucional
O venres 23 a plaza do concello será o escenario do acto central do 25N coa intervención de mulleres unha obra de teatro e a ofrenda floral
Campaña redes sociais
O CIM está a desenvolver unha campaña informativa sobre como evitar a violencia de xénero nas redes sociais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará