Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo leva o derbi redondelán

RR_Noticias

As xogadoras de Elisardo Covelo “Chini” fixéronse co encontro disputado no pavillón de Chapela. O xogo defensivo das redondeláns foi máis efectivo que o das anfitrioas, que aínda non sumaron ningún punto esta temporada. No fútbol, derrota do Choco en Compostela, vitorias para Arcade e Atl. Vilar, empata para Chapela e derrota do Cesantes.

División Honra Prata Feminina
Cíes Chapela 17-26 SAR Rodavigo
As xogadoras de Elisardo Covelo “Chini” fixéronse coa vitoria no encontro disputado no pavillón de Chapela. O xogo defensivo das redondeláns foi máis efectivo que o das anfitrioas, que aínda non sumaron ningún punto esta temporada. O Cíes Chapela non deixa o posto de pechacancelas, mentres que a SAR ocupa a 8ª posición da táboa. Na próxima xornada o Chapela xoga na pista do Cleba e a SAR recibe ao Lanzarote, coas canarias na 6ª praza.
Primeira Nacional Masculina

U. Financiera 30-24 Chapela
Os de Fran Teixeira perderon en Oviedo. O triunfo local empezouse a fraguar na recta final da primeira parte e deixa aos chapeleiros na quinta praza, a tres puntos do seu rival do sábado e do Lalín, que segue terceiro, e que será o conxunto que visite Chapela a próxima fin de semana.
Primeira Autonómica

SAR 24-26 At.Novás
Impúxose o Novás nun encontro moi igualado que deixa aos redondeláns na 4ª praza. Repiten a próxima xornada como locais, reciben ao Seis do Nadal, cos vigueses na parte baixa da táboa.
Fútbol Terceira División
Compostela 4-1 Choco
Un mal comezo dos redondeláns chegoulle ao SD Compostela para impoñerse no partido. O cadro de “Gonza” perdeu por goleada ante un sólido Compostela e continúa sen gañar lonxe de Santa Mariña nesta tempada. Mal partido do Choco, falto de tensión nos primeiros minutos, que aproveitou o conxunto local para facerse co partido case no primeiro cuarto de hora. No minuto 16 o Choco xa perdía por 3-0. Os redondeláns ocupan o posto 13º, e na próxima xornada reciben ao Arousa, que é 6º.
Primeira Autonómica

Arcade 5-1 San Martín
O Arcade sobe na táboa e xa é 10º logo de golear ao S.Martín. Na próxima xornada visitan o campo da Guía, cos vigueses un posto por baixo dos de Soutomaior.
Segunda Autonómica

Progresista 1-3 Atl. Vilar
Excelente resultado para os de Mon Sanromán, que se impuxerona domicilio no campo do Progresista, afundido na parte baixa da táboa. Agora son 9º, e reciben na próxima xoranda ao Vincios, da parte baixa da táboa.
Vilaboa 3-0 Cesantes
Derrota do Cesantes, que aixa á 12ª praza do grupo. E na próxima xornada recibe ao Bueu, da metade alta da táboa.
Terceira Autonómica

Chapela 0-0 S.Roque-Casablanca
Empate sen goles e reparto de puntos. O Chapela xa é 6º. O domingo xoga no campo do Lavadores, cos vigueses un punto por riba.
Fúbol Sala Terceira División
Campito-Estrada, aprazado
Vilalba 3-3 Pazos
O Pazos perde o liderado logo do empate en Vilalba, pero conta cunha xornada menos disputada que Carballiño, que actualmente ocupa a primeira praza con dous puntos máis que os de Fran Amoedo. Na próxima xornada derbi Pazos-Campito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará