Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O paso de peóns do novo instituto de Soutomaior estará rematado este mes

RR_Noticias

A Deputación rematará a vindeira semana as obras do acceso peonil ao novo IES de Soutomaior. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que a mala climatoloxía impediu ata agora o pintado da sinalización horizontal na estrada provincial. O anuncio chega despois de que as familias denunciaran a falta de seguridade neste acceso, pintando con fariña as liñas branca do paso como sinal de protesta.

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra rematará a vindeira semana as obras de mellora do tránsito peonil na estrada provincial EP-2908 ata o novo instituto de Soutomaior. Segundo explica o deputado Uxío Benítez, os únicos traballos que restan, o pintado da sinalización horizontal, realizarase nos vindeiros días, xa que ata o de agora non foi posible pola climatoloxía adversa. O anuncio da Deputación de Pontevedra chega despois de que a ANPA do centro denunciara o pasado martes a falta de seguridade que sufrían os alumnos na entrada e saída do instituto, ao carecer dun paso de peóns polo que cruzar sen risco, e fixeron unha protesta cun pintado simbólico das liñas na estrada con fariña. A Deputación explica que o proxecto para a estrada provincial que vai ao instituto consistiu na construción dunha nova senda peonil de 2,5 metros de largo e 205 metros de lonxitude na marxe dereita, conectando o último treito de beirarrúa da EP-2908 co novo IES, co fin de permitir que o alumnado se desprace ao centro de ensino camiñando en condicións de seguranza viaria. Realizouse tamén unha actuación de calmado do tráfico a través de redutores físicos de velocidade de vehículos, mellorouse a iluminación e instaláronse novas tubaxes e un bombeo para conectar o edificio coa rede xeral. As obras para mellorar o acceso peonil ao novo instituto foron obxecto de convenio entre a Deputación e o Concello de Soutomaior. Tiveron un orzamento total de 176.191 dos que o ente provincial achegou o 70% e o Concello o 30% restante.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará