Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento, sen data para a fin da peaxe de Rande

RR_Noticias

O secretario de Estado de Infraestruturas, Pedro Saura, manifestou a vontade do Goberno de continuar coa tramitación do convenio para a liberación de peaxe na AP-9 entre Redondela e Vigo, pero non deu datas. Lembrou que previamente na área de Vigo é necesario acometer un estudo global na autoestrada que teña en conta tanto os efectos de novas conexións solicitadas na zona, como a liberación da peaxe de Redondela.

Esta foi a resposta á petición da Xunta durante a reunión bilateral de onte en Madrid,onde a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, reclamou datas concretas e advertiu “do compromiso adquirido con Galicia que debe cumprirse”. Lembrou tamén que se trata dunha demanda “unánime” do Parlamento galego. A conselleira tamén reclamou o impulso ás obras pendentes, incluíndo reducir o ruído en Chapela e Teis, como reclaman os veciños, así como a remodelación da ligazón de Buenos Aires para que sexa de entrada e saída. Demandou tamén o resto de melloras xa previstas para Chapela e Trasmañó, aínda por realizar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará