Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A mostra GalizAmérica inaugúrase en Chapela cunha conferencia sobre o galeguismo no exilio

RR_Noticias

O Multiúsos do Piñeiral do Crego acolle a exposición “GalizAmérica. Edición e lingua na emigración”. Inaugúrase hoxe, ás 20.00 horas coa conferencia de Uxío Breogán: “O galeguismo no exilio americano. Da Irmandade Galega ao Consello de Galiza (1940-1963)”.

A Guerra Civil do 36 e a derrota da República levaron a milleiros de galegos ao exilio. Esta situación tivo unha gran relevancia a nivel cultural pois, moitos dos grandes intelectuais do país decidiron refuxiarse en países América, especialmente en México e Uruguai. Pouco despois, sería Arxentina o destino principal dos exiliados, país que xa contaba con diversos centros galegos concentrados en Buenos Aires. Entre estes intelectuais estaban Lugrís, Freire, Castelao, Seoane, Colmeiro, e un longo etcétera, o que xenerou unha actividade cultural intensa en diferentes campos creativos, con especial incidencia na edición. De feito editáronse centos de libros e diversas revistas, creáronse programas de radio, impartíronse conferencias, iniciáronse celebracións como o Día de Patria e abríronse escolas onde os nenos aprendían galego. Todo ese florecemento cultural é o tema ao redor do que xira a exposición “GalizAmérica. Edición e lingua na emigración”. A mostra inaugúrase esta tarde no Multiúsos do Piñeiral do Crego, en Chapela, ás 20.00 horas, coa conferencia de Uxío Breogán: “O galeguismo no exilio americano. Da Irmandade Galega ao Consello de Galiza (1940-1963)”. Poderá visitarse de luns a venres, de 16.00 a 22.00 horas ata o 2 de decembro. Como actividade paralela, o próximo domingo, día 18, proxectase o documental “A cicatriz branca”, de Margarita Ledo Andión, ás 19.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará