Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teresa Zataraín: “Jella Lepman era unha visionaria”

RR_Noticias

A Casa da Cultura acolle mañá venres unha charla-coloquio sobre Jella Lepman “Unha ponte de libros infantís”. Unha cita que organizan as Bibliotecas Municipais e que conduce Teresa Zataraín, xornalista e editora que publicou en España, por vez primeira, a autobiografía de Lepman. Unha historia “que merece unha película”, xa que esta alemá de orixe xudía xogou un papel relevante na recuperación de Alemaña tras a II Guerra Mundial a través da literatura infantil e xuvenil. Ás 20.30 horas.

Zataraín, editora da viguesa Creotz, fala de Lepman como unha unha muller “con visión, determinación e carácter”, pero “moi descoñecida para o gran público”. Escritora e xornalista alemá de orixe xudía, fuxiu de Alemaña cos seus fillos e comezou unha nova vida en Inglaterra. Ao termo da II Guerra Mundial regresou ao seu país como asesora do exército norteamericano para temas de muller e infancia, ara promover os valores de liberdade e democracia. Lepman atopou unha Alemaña devastada e comprendeu “a urxente necesidade de abrir a mirada dos nenos e mozos ao mundo exterior a través dos libros”. Entre os seus proxectos máis importantes están a creación da Biblioteca Internacional da Mocidade en Múnic, que hoxe é unha institución a nivel mundial no referente a literatura infantil e xuvenil. Tamén impulsou a IBBY, unha organización internacional de promoción da literatura que hoxe está presente en 77 países. E promoveu o premio Hans Christian Andersen, considerado “o Nobel da literatura xuvenil”. Tres grandes proxectos que chegan aos nosos días como destacados referentes internacionais, aínda que Lepman tamén impulsou outras moitas iniciativas. Foi unha muller “adiantada ao seu tempo” e traballou para rachar con vellos tópicos. Grazas a ela as bibliotecas en Alemaña, de uso exclusivo para as clases altas e eruditas da sociedade, abríronse a toda a cidadanía. Organizou nas biliotecas obradoiros de teatro cos nenos, actividades de animación á lectura e ata merendas coas familias para promover a literatura “como unha ponte para a paz”.

Teresa Zataraín xornalista e editora
Lepman xogou un papel relevante na recuperación de Alemaña tras a II Guerra Mundial malia ser unha gran descoñecida.
Os libros como ponte para a paz
Organizou nas biliotecas obradoiros de teatro cos nenos actividades de animación á lectura e ata merendas coas familias para promover a literatura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará