Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dúas mulleres pugnarán por ser a candidata do PSOE á alcaldía de Redondela

RR_Noticias

Á espera de que remate o prazo de presentación de candidaturas ás primarias da formación socialista local esta medianoite, todo apunta a que será unha muller a que encabezará a lista do partido nas eleccións de maio logo de que este xoves se sumase á candidatura de Olga Rodríguez Puga a da deputada Digna Rivas. As primarias celebraranse o 18 de novembro.

Na Alameda de Redondela facía pública a súa candidatura ás primarias do PSOE Digna Rivas, que estivo arroupada polo secretario xeral Leonardo Cabaleiro e outros ex concelleiros da formación. Rivas di que presenta a súa candidatura por “convicción e responsabilidade cos veciños de Redondela”. Puxo en valor a súa experiencia no ámbito político como militante do partido dende hai 14 anos, concelleira, portavoz da formación a pasada lexislatura e deputada provincial de Cohesión Social e Igualdade na actualidade. Chega coa vontade de  “aportar serenidade, fortaleza e valentía a Redondela e para que remate a confrontación política cara as administracións” que se vive hoxe en día. A candidatura de Rivas súmase á presentada esta semana por Ola Rodríguez Puga, que na actualidade forma parte da executiva nacional do PSdeG e preséntase como unha opción “de ilusión e futuro para a agrupación socialista”. Afirma que o obxectivo é acadar un goberno progresista “nunha vila que maioritariamente é de esquerdas onde non se pode deixar gobernar ao PP.” O domingo 18 de novembro coñeceremos cal será a candidata do PSOE ás eleccións municipais de maio de 2019, pero antes da votación terán que buscar os apoios necesarios e presentar os seus avais. Prazo que comezará o cinco de novembro.  

Digna Rivas
Rivas presenta a súa candidatura ás primarias por "responsabilidade" cos redondeláns
Primarias Redondela
Unha aposta apunta pola democracia interna

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará