Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mellora da seguridade viaria en Negros coa ampliación do entronque da N-555 con Sapal

RR_Noticias

O ancho do acceso duplícase, ao pasar dos 3,5 aos 7 metros, cun paso seguro para peóns. A mellora do cruce, demandada polos veciños, servirá tamén de acceso ao novo parque que se construirá nos terreos cedidos polo Adif sobre o falso tunel do AVE.

Xa están en marcha as obras de ampliación do entronque da N-555 con Sapal, na parroquia de Santo Estevo de Negros. Trátase dunha obra moi demandada polos veciños da zona, xa que supón unha importante mellora na seguridade viaria deste acceso, tanto para os conductores como para os peóns. Ata agora a anchura na saída á estrada nacional era de 3,50 metros. Tras as obras do AVE quedou unha explanada duns 6 metros aproximadamente e que permanecía por fóra da bionda. Agora cos traballos na zona retírase a bionda de 18 metros de longo, o que permite ampliar a estrada ata uns 7 metros, cun paso seguro para os peóns. O importe da actuación ascende a 22.000 euros.Acceso ao novo parque de Santo EstevoEste cruce será o acceso ao novo parque que se construirá nos terreos cedidos por ADIF ao Concello, situados xusto ao carón do cruce sobre o falso tunel do AVE. A actuación, que será financiada con cargo ao remanente, licitarase nuns meses e ascende a 227.000 euros. A primeira fase que se licitará inclúe a preparación do terreo, a rede de drenantes, o alumeado, o saneamento, o abastecemento e a xardinería coa instalación do rego. A seguinte fase, que se licitará o próximo ano, consistirá na instalación dos elementos de xogo, pista polideportiva, ximnasio urbano, miradoiro con anfiteatro, aseos e zona de merendeiro con mobiliario. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará