Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ana Miranda levará á Eurocámara a problemática do futuro almacén de contedores en Rande

RR_Noticias

A eurodiputada do BNG mantivo un encontro coa Plataforma en Defensa da Enseada en Redondela. O colectivo advirte do problema que suporía para a zona de Rande a iniciativa da Autoridade Portuaria de Vigo de utilizar unha explanada de 40.000 metros cadrados como almacén de contedores. Miranda lembrou que se trata duns terros “dentro da Rede Natura 2000, que deben ser tratados con especial atención polo seu valor medioambiental, paisaxístico e cultural”.

Na xuntanza intercambiouse información actualizada sobre as pretensións da Autoridade Portuaria no estreito de Rande, para utilizar a explanada como almacén de contedores. A eurodeputada anunciou que lle comunicará na Comisión Europea as intencións da Autoridade Portuaria, e dos prexuízos que suporá para a contorna, declarada pola Unión Europea como “Lugar de Interese Comunitario, Rede Natura 2000”. Outra das preocupacións que salientou a europarlamentaria reside nas condicións de vida dos veciños de Rande “que se van ver aínda máis deterioradas polo tráfico pesado que se vai desprazar pola estrada e o movemento de barcos”. Despois de visitar os terreos da explanada de Duchess que converterán en almacén, Ana Miranda comprometeuse “a non perder máis tempo” e presentar esta semana unha pregunta ante as institucións europeas. A visita de Miranda coindiciu coas actos de conmemoración da Batalla de Rande, e salientou que recuperar espazos para a veciñanza “é incompatible con adicar os terreos á actividade industrial”. Pola súa banda o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, valorou como “moi preocupante” a proposta do presidente da Autoridade Portuaria. Acusou a Enrique López Veiga de “mercadear con terreos que deben volver a ser de toda a veciñanza”. Cargou tamén contra o alcalde de Redondela, Javier Bas, recordando que como membro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria “votou a favor deste proxecto que sentencia o futuro de Rande”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará