Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición retira o acordo cos comuneiros de Amoedo polo informe desfavorable de secretaría

RR_Noticias

Os grupos da oposición de Pazos de Borbén chegaran a un acordo coa Comunidade de Montes de Amoedo para resolver o conflito sobre o polígono industrial. A iniciativa debatíase onte nun pleno extraordinario, pero finalmente foi retirada logo de que o informe de secretaría-intervención establecese que o convenio é “manifestamente ilegal, contrario á normativa e á sentenza xudicial”.

Pazos de Borbén viviu onte un tenso pleno municipal. Na sesión se debatía o principio de acordo alcanzado entre a Agrupación de Electores Alternativa Veciñal e o resto de grupos da oposición coa Comunidade de Montes de Amoedo para a resolución do conflito polo polígono industrial. Os terreos sobre os que se asenta o polígono “A Chan de Amoedo”, promovido polo Concello, foron obxecto dun litixio. A sentenza determinou que pertencen á Comunidade de Montes, pero os comuneiros non poden tomar posesión dos terreos ata que sufraguen o investimento feito polo Concello, que supera o medio millón de euros. Os grupos da oposición chegaron a un pre-acordo cos comuneiros para que xestionen o polígono e cedan ao Concello un 60% dos ingresos. Alternativa Veciñal explica que, deste xeito, pretenden “deixar atrás unha etapa de relacións conflitivas entre Concello e Comunidade de Montes que lastraron a boa marcha do polígono industrial”. A moción foi finalmente retirada pola propia oposición, a pesar de contar cos votos necesarios para aprobar a súa propia iniciativa, ao advertir que incumpría a legalidade e o mandato xudicial que resolveu o conflito en 2015, segundo o informe da secretaría municipal. O alcalde, o popular Andrés Iglesias, que goberna en minoría, cualificou a sesión de “teatro”, asegurando que se trata do “maior ridículo político”. Lamentou que os grupos da oposición anunciasen que ían resolver un conflito “cando o que estaban a propoñer é ilegal”. A oposición, logo de pedir a retirada do asunto da orde do día, pediron a creación dunha comisión con represnetación de todos os grupos políticos e os comuneiros que estude as posibles vías de solución ao conflito. O presidente da Comunidade de Montes de Amoedo, Miguel Martínez, lamenta que a falta de acordo estea a lastrar o futuro do polígono industrial, xa que a inseguridade xurídica desanima aos empresarios a asentarse nesta zona industrial.

Miguel Martínez presidente da Comunidade de Montes
Lamenta que a falta de acordo estea a lastrar o futuro do polígono industrial xa que a inseguridade xurídica desanima aos empresarios a asentarse nesta zona industrial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará