Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ampliación do centro de saúde de Pazos de Borbén creará unha sala de espera para nenos

RR_Noticias

O Servizo Galego de Saúde iniciou a contratación da reforma e ampliación do centro de saúde de Pazos de Borbén. O orzamento destes traballos ascende a 150.000 euros, e terá unha duración de tres meses. Non se contempla un incremento na dotación sanitaia do centro, pero si unha reodenación do espazo para maior comodidade de traballadores e usiarios.

A reforma servirá para que a antiga casa do médico pase a formar parte do centro de saúde. O primeiro piso desta casa vaise derrubar, e a planta baixa quedará unida ás instalacións. Actualmente o ambulatorio ten unha consulta de medicina xeral, outra de enfermaría e unha terceira que comparten o pediatra e a matrona. Coa reforma, o centro de saúde pasará a contar tamén cunha sala polivalente e unha sala de espera para nenos, diferenciada da sala de espera xeral. Tamén se contempla a adaptación dos espazos e accesos para persoas con mobilidade reducida. O reducido tamaño do centro de saúde obriga agora a que nenos e adultos compartan sala de espera. Ademais os vestiarios do persoal utilízanse de almacén, e os aseos son compartidos tamén polos traballadores e usuarios. Incorporar a casa do médico ás instalacións permitirá reorganizar o espazo, e tamén cambiar a entrada ao edificio. A consulta do médico de familia e de enfermaría manteranse igual, e a nova sala polivalente utilizarase para urxencias. As empresas interesadas na construción poderán presentar ofertas ao longo deste mes. A obras comezarán a finais de ano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará