Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior leva ao pleno os problemas do novo Instituto pola falta de servizos

RR_Noticias

O grupo municipal do BNG vén de solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar os problemas que se están a dar no novo IES de Soutomaior. Advirten da ausencia de servizos “esencias” no instituto, como un patio cuberto para os días de choiva ou un salón de actos. Tamén denuncian recortes nos servizos de comedor e de transporte “que están a sofrer as familias do concello”.

Ante as queixas da comunidade educativa, que xa organizou mobilizacións, dende o grupo municipal do BNG apoian as súas reivindicacións e convocan un pleno extraordinario para esixir que se solucionen esas deficiencias. O portavoz municpal do BNG, Manu Lourenzo, sinala que o que está a acontecer co transporte “é chanzo máis na cadea de recortes do PP”. As familias afectadas denuncian a supresión de paradas, e a tardanza de ata 45 minutos no traxecto que fan os alumnos para chegar de Arcade a Soutomaior. O grupo nacionalista advirte que “non poden tolerar esta situación”. Lembran que levan anos “alertando dos problemas que se ían dar por meter con calzador e a última hora un instituto de 16 unidades nun proxecto pensado para 12 unidades, sen bacherelato”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará