Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os contedores do lixo volverán a rúa durante o día no centro da vila

RR_Noticias

O goberno local deberá renunciar a unha “medida pioneira” que se viña aplicando dende hai seis meses e que consistía na retirada dos colectores das rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín en horario diurno. Manter esta práctica suporía un custo anual de 36.000 euros. Mentres dende o PP xustificaban a iniciativa por entender que mellora esteticamente o casco urbano, dende a oposición entenden que se trata dun gasto innecesario, que non foi demandado polos veciños e cuxa aplicación suporía un trato discriminatorio respecto doutras zonas do concello.

A iniciativa de Medio Ambiente buscaba mellorar a estética das rúas do centro con retirada dos colectores de lixo durante o día, recipientes que eran colocalos novamente entre as 20:00 e as 24:00 horas para que veciños e comerciantes puideran deixar o lixo. Manter esta iniciativa suporía un incremento de 36.000 euros anuais en beneficio de Urbaser, empresa concesionaria encargada da recollida do lixo. Sen embargo, a modificación do contrato con esta empresa era rexeitado onte en pleno, logo de que todos os grupos da oposición votaran en contra dunha medida que entenden innecesaria. O edil non adscrito, Enrique Fojo falaba de “agravio comparativo” ao afectar a iniciativa a unha zona moi restrinxida do casco urbano. Pola súa banda o concelleiro nacionalista Xoán Carlos González falaba dunha “decisión caprichosa e clientelar do goberno local xa que descoñecemos se hai algún colectivo que demandara este medida que supón ademais abrir a porta a que Urbaser aplique esta iniciativa noutras zonas, o que suporía un custe moito maior”. Incidía tamén nos problemas que supón para o tráfico e a seguridade dos peóns as manobras do camión cando carga e descarga os colectores. Argumentos semellantes os expostos dende a Agrupación de Electores quen desmontaban os motivos esgrimidos dende o goberno local para poñer en marcha esta iniciativa “os cheiros eliminaríanse limpando os contedores máis a miudo e non retirándoos da rúa” explicaba Javier Bastos. O PSOE insistía na idea de que a limpeza do centro empeorou dende que se está a aplicar esta medida “porque como non hai colectores, a xente deixa o lixo depositado na rúa” e reiteraba que se trata dunha iniciativa inxusta que afecta tan só aos veciños do centro. Co seu voto en contra a oposición impedía que esta retirada diurna se consolide, unha negativa que a concelleira popular Carmen Amoedo entende responde “a uns grupos políticos mediocres que non son quen de ver os beneficios dun servizo pioneiro, mentres o PP fala de facer unha Redondela con maiúsculas, a oposición fala de contedores”.  

Enrique Fojo edil non adscrito
Agravio comparativo
Xoán Carlos González BNG
Cualifica a medida de caprichosa e clientelar
Javier Bastos AER
Desmonta os argumentos do goberno para aplicar a iniciativa
Mauro Álvarez PSOE
Medida inxusta
Carmen Amoedo PP
Cualifica a oposición de mediocre por non aprobar este iniciativa pioneira

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará