Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cadea humana para concienciar sobre a artrite

RR_Noticias

Persoas con artrite, familiares e profesionais socio-sanitarios uniranse este sábado 29 de setembro para conformar unha cadea humana en Redondela, co obxectivo de facer visible esta enfermidade crónica e incapacitante, que en España afecta a preto dun millón de persoas. Esta cadea humana partirá ás 12.00 horas do Concello de Redondela.

Con esta iniciativa, a Asociación Enfermos de Artrite Pontevedra (Asearpo) e a Coordinadora Nacional de Artrite (ConArtritis) pretenden lembrar á sociedade a necesidade de que as persoas que teñen esta patoloxía en calquera das súas formas (reumatoide, psoriásica, idiopática xuvenil e espondiloartritis) conten cunha atención especializada e que estas manteñan unha actitude positiva ante o seu tratamento.
“Aínda que é certo que estas enfermidades nos van acompañar o resto da nosa vida, non podemos escondernos, porque a maneira en que a afrontemos cada día, o nivel de implicación que mostremos no noso coidado e no tratamento global, e a relación que teñamos cos profesionais sanitarios e socio-sanitarios e coas persoas da nosa contorna son fundamentais para saír adiante, superando as dificultades”, explica Mabel Avendaño, presidenta de Asearpo.
Para facer posible este obxectivo e dar a coñecer as características desta enfermidade, provocada pola inflamación das articulacións, Asearpo instalará puntos informativos o próximo 1 de outubro no Hospital Provincial de Pontevedra, no Hospital Comarcal,do Salnés e na porta do Concello de Redondela, desde as 9.00 até as 14.00 horas, baixo o lema “Déixache ver”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará