Un veciño de Vilavella, M.C,C, de 52 anos de idade falecía na mañá de hoxe no Paseo do Maceiras. Axentes da Policía Local e Nacional así como dúas ambulancias, unha delas medicalizadas, acudiron ás 10:17 minutos desta mañá logo de seren avisados por uns viandantes de que unha persoa se atopaba inconsciente no chan. Malia os esforzos dos propios axentes primeiro e dos facultativos despois por reanimalo, a persoas faleceu, ao parecer por causas naturais.
Os traballos de reanimación prolongáronse durante máis de media hora, pero finalmente non foi posible salvarlle a vida.