Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Mestra Paulina “regresa” á escola de Ventosela

RR_Noticias

Paulina Sánchez (1898-1971), elixida persoeiro do ano no 2017, recibirá este domingo unha homenaxe na escola de Ventosela, centro no que exerceu a docencia a maior parte da súa carreira dende o ano 1952 ata o 1966. Será o domingo 30 a partir das 17:00 horas cun acto no que se presentará un traballo gráfico sobre a súa persoa e proxectarase un pequeno documental no que colaboraron diferentes persoas que a coñeceron en vida.

A labor docente e a pegada que Paulina Sánchez deixou en todos aqueles alumnos que pasaron polas súas clases, nas que exercía a docencia impulsando unha intensa actividade cultural, foi recoñecida o ano pasado cando foi nomeada polo Pleno do Concello como Persoeira do Ano.
Para dar a coñecer a súa figura, este domingo a escola na que a Mestra Paulina exerceu ao final da súa carreira, abre as súas portas ara darse a coñecer e homenaxear a súa ilustre mestra.
Os actos contarán coa música e o baile do grupo folclórico do Carballo de cen polas e haberá obradoiros para que os cativos que acheguen poidan crear os seus propios monicreques e elementos de xogo.
Dende o Concello convídase a todos os veciños desta parroquia a compartir esta tarde na que a través da música e a convivencia lembrarase a unha muller que fixo en momentos moi complicados que moitos e moitas mozas tivesen un encontro coa cultura. O acto contará coa presenza do alcalde, Javier bas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará