Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Terio Carrera e Candido Pazó presentan a II Gala do deporte de Soutomaior

RR_Noticias

O Multiúsos de Arcade acolle este venres día 28 ás 21:00 horas a II Gala do Deporte organizado co obxectivo de homenaxear a clubs, deportistas e veciños que teñan destacado pola súa traxectoria deportiva. Tamén se recoñecerán os méritos daqueles deportistas empadroados no concello que practican modalidades distintas dos clubs locais e serán recoñecidos como “lendas” antigos deportistas do concello pola súa promoción do deporte.

No acto serán distinguidos 5 clubs federados polos seus méritos ao longo da ultima tempada: C.D.Soutomaior, C.D.Arcade, Arcadia E.F., Club Tenis e Pádel Soutomaior e Club Patinaxe Artística Soutomaior e haberá un recoñecemento á Asociación Veciñal Pozo Vello pola organización da Baixada de Carrilanas en Arcade.
Premiarase aos directivos Enrique Rodríguez e Eduardo Gil polas súas longas traxectorias no C.D.Soutomaior e o C.D.Arcade e farase unha homenaxe especial a Alfonso Pazos do Club Baloncesto Arcade (que cumpre 73 anos desde a súa fundación) para significar a súa especial vinculación durante tantos anos co club tanto como adestrador como presidente.
Non se esquecerá a labor como adestradores de Manuel Alvarez (Lito) Kikck Boxing e Pablo Ortega(Whu-Shu) ao que haberá que engadir os diferentes galardoados de carácter individual.
A parte mais emotiva do acto pretende ser o recoñecemento a antigos deportistas do Concello para agradecerlles a súa importante contribución ao deporte, sendo recoñecidos como “lendas”: Daniel Alvarez, Luís Miguez, Francisco Villán -Carlos Abal, Jesús Martinez, Francisco Porto -Gonzalo Miñán-Rodolfo Rodiño  e Francisco Garcia
O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, convida a asistir a todo o mundo a esta II Gala do Deporte onde se xuntará toda a familia deportiva e recoñeceremos aos distintos homenaxeados o seu labor e contribución ao deporte.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará