Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cruce de acusacións polos investimentos da Deputación en Redondela

RR_Noticias

A visita de Carmela Silva a Redondela para presentar ante os medios de comunicación os investimentos do organismo provincial en toda a bisbarra, entre eles 6 millóns de euros en Redondela nos últimos tres anos, derivou nun novo enfrontamento político entre a presidenta de deputación e o goberno local do PP.  Mentres a primeira acusa a Bas de desenvolver unicamente unha política de confrontación “sen recoñecer que nunca antes unha Deputación tiña investido tanto neste concello” dende o goberno local falan de “deslealdade institucional” por presentarse en Redondela e non convidar ao seu alcalde.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva facía un pormenorizado relato dos investimentos realizados polo organismo provincial nos diferentes concellos da bisbarra, facendo unha parada no concello de Redondela onde, segundo dixo, “estanse a investir máis recursos que nunca”. Facía fincapé nos seis millóns de euros que a través do Plan Concellos ten recibido Redondela nos últimos tres anos e lamentaba que dende o goberno local “non se recoñezan estes investimentos e pola contra se faga política de confrontación coa Deputación e se presuma dos 700.000 ridículos euros que inviste a Xunta de Galicia”. Silva acusaba a Bas de falsear a realidade cando fala da Deputación “cuxa eficacia é absoluta á hora de xestionar os recursos de todos, sempre en base a criterios obxectivos e fuxindo de intereses partidista”. Silva referíase ás críticas de Bas sobre os preto de 400.000 euros que están pendentes de adxudicar ao concello de Redondela “esperaron ao último día do prazo para facer as súas solicitudes e agora critican que se cumpran os trámites, o único que busca o alcalde de Redondela é manter a política de confrontación e converter todo nun lamazal”. Unha visita que para o goberno local é unha mostra máis “da deslealdade institucional total e absoluta que practica a deputación, que veñen ao cuarto concello da provincia e non son quen de avisar ao seu alcalde”. Era a tenente de alcalde, Mª Carmen Amoedo, quen facía estas declaracións e reiteraba novamente que “dende hai seis meses teñen paralizado na Deputación os 400.00 euros que lle corresponden a Redondela dentro do Plan Concellos”. Criticaba tamén que o organismo que preside Silva non teña realizado ningún convenio bilateral co concello de Redondela “convenios que si fan con outras administracións, non poden vir aquí a presumir de cartos que estritamente son os que nos corresponden”.    

Carmela Silva presidenta da Deputación
Explicaba en Redondela os investimentos do organismo provincial na bisbarra
Plan Concellos
Os cartos que lle corresponden a Redondela este ano ascenden a preto de 400.000 euros e estarán dentro do prazo previsto
Mª Carmen Amoedo tenente de Alcalde
Acusa a Deputación de deslealdade institucional por non convidar ao alcalde
Críticas polos atrasos no Plan Concellos
Critican que seis meses despois de solicitalos aínda non teñan os 400.000 euros da deputación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará