Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela e Teis esixiran o sábado na rúa a prometida liberalización da peaxe

RR_Noticias

Fartos da espera e de compromisos incumpridos os veciños volven a rúa e convocan unha manifestación este sábado ás 19:00 horas para esixir que se cumpra a promesa de Fomento de liberalizar a peaxe da autoestrada entre Vigo e Redondela. Solicitan tamén que o alcalde volva convocar a Comisión de seguimento da AP-9 “non ten sentido que se desconvocara esta comisión cando non están reparados os camiños que se estragaron coas obras nin se acometeron as melloras prometidas”.

O presidente da Asociación de veciños de Chapela, Marcial Pérez, lembra que a promesa de liberalizar a peaxe ven do anterior goberno e do exministro de Fomento De la Senra “aseguraron que a gratuidade do tramo entre Redondela e Vigo sería unha realidade no mes de xullo pero cando se produciu o cambio de goberno non había nada avanzado neste sentido”. Reprochan tamén ao actual goberno de Pedro Sánchez a falta de vontade política neste sentido “solicitamos unha reunión co actual ministro de Fomento cando chegou ao executivo e tres meses despois seguimos sen recibir unha resposta”. Ante esta situación deciden retomar as mobilización e manifestaranse este sábado ás 19:00 horas dende as Torres de Padín ata o centro de Saúde de Chapela para reclamar a supresión da peaxe e que se acometan as obras aínda pendentes e comprometidas tamén dende Fomento e Audasa. “Reclamamos a convocatoria da comisión de seguimentos, non ten sentido que se desconvocara cando non se repuxeron servizo nin camiños e seguimos pendentes dunha adenda que non chega” conclúa Marcial Pérez.  

Marcial Álvarez AVV Chapela
Explica os motivos da manifestación
Comisión de seguimento
Pídelle ao alcalde que volva convocar a comisión

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará