Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela, a pola fase de ascenso

RR_Noticias

O equipo de Fran Teixeira estreou temporada ante o seu público e fíxoo cun triunfo ante o Teucro. O club buscará un ano máis acceder a un dos postos que dan dereito á fase de ascenso. O adestrador sabe que será difícil, porque son moitos os equipos na pelexa. O sábado viaxan a Ribadavia para medirse ao Carnes do Ribeiro.

O bo resultado dos de Fran Teixeira ante o filial do Teucro na primeira xornada de liga (36-29) serve para confirmar o obxectivo do equipo, que non é outro que meterse nos postos de fase de ascenso. O adestrador é consciente de que as prazas están “moi cotizadas” e que haberá moitos equipos na pelexa. A liga ten un alto nivel “o que é moi positivo para o balonmán galego”, segunto Teixeira, malia que tamén fará máis dura a competencia por rematar a temporada na cabeza da táboa. O técnico do Chapela ten claro que os rivais máis fortes serán Lavadores, Cañiza, Calvo Xiria, Lalín e Xixón, entre outros aspirantes a participar no sector. Destaca ademais que ningún equipo comeza a liga “co obxectivo de non descender” e que calquera dos 15 equipos que os acompañanan neste grupo da Primeira Nacional “dará a batalla”. Por iso se amosa moi satisfeito de ter comezado a competición “cun triunfo na casa”. Para acadar o obxectivo Teixeira conta cun vestiario “algo curto”, que se reforzará con xogadores da liga territorial e tamén da categoría xuvenil “que xa están axudando moito ao equipo nos adestramentos”. A próxima xornada desprázanse ao pavillón do Carnes do Ribeiro-Ourense Termal. O club de Ribadavia, malia ser un recén ascendido, conta cun equipo de moi alto nivel, e aínda que perdeu na estrea de liga en Xixón, fíxoo por tan só por 1 gol de diferencia nun partido moi igualado. Texiera salienta o nivel dalgúns dos seus xogadores, con experiencia en Asobal. Para o técnico de Chapela é moi importante puntuar neses pavillóns, porque será aí “onde se decida a clasificación ao final da liga”. O encontro será o sábado, ás 18.30 horas no pavillón municipal O Consello.  

Fran Teixeira adestrador
Son moitos os equipos que este ano pelexarán por acceder aos postos que permiten participar na fase de ascenso.
Reforzos da canteira
Teixeira conta cun vestiario curto que se reforzará con xogadores da liga territorial e da categoría xuvenil.
Carnes do Ribeiro-Rodosa Chapela
Texiera salienta o nivel dalgúns dos xogadores do equipo anfitrión recén ascendido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará