Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cedeira mantén os “luns negros” en protesta polos recortes educativos

RR_Noticias

Volveu ser onte unha xornada reivindicativa no colexio de Cedeira, con profesores, pais e alumnado vestido de negro e concentración ás portas do Concello ás sete da tarde. Unha vez máis a comunidade educativa saíu á rúa para reclamar que se lles concedan o profesor que a Consellería eliminou neste inicio de curso e que complica a xestión do centro. Todos os partidos políticos apoiaron coa súa presenza na mobilización ás esixencias de pais e nais.

A Xunta acepta manter as dúas liñas en sexto de primaria, é dicir, os nenos e nenas dese curso, cun elevado número de rapaces con necesidades especiais, continuarán en clases separadas. Sen embargo, a Consellería négase a repoñer o profesor que eliminaron no centro. Recoñecen os pais que si lles conceden un profesor a media xornada pero insisten en que esa non é solución. “Non queremos parches nin medidas a medias, queremos que os nosos fillos teñan o profesor que segundo os informes precisan. Non pedimos máis que o que nos quitaron” explicaba o presidente da ANPA coa lectura dun manifesto que repartiron entre os concentrados. Engaden pais e nais que “os nosos fillos teñen dereitos a un ensina de calidade e nós defenderemos ese dereito”. As reivindicacións deste colexio chegarán este xoves ao pleno que se celebra ás 20:00 horas no Multiúsos.  

Daniel Boullosa ANPA
Foi o encargado de ler o manifesto
Luns negros
Unha nai poñía voz a indignación da comunidade educativa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará