Para facilitar as xestións aos cidadáns que queiran consultar o documento urbanístico os socialistas abrirán a súa sede para dar información sobre o Plan Xeral os luns e mércores de 19:00 a 21:00 horas na súa sede na Praza Figueroa. Aseguran que moitos veciños trasladaron ao seu grupo queixas sobre a falta de información e o limitado acceso que o goberno local permite a este documento malia que en breve arrancará o prazo de presentación de alegacións.
Os socialistas denuncian que non constan no documento do PXOM algúns viais como pode ser a derivación do tráfico de camións ao parque empresarial a través da coñecida Baixada a Aucosa solicitada pola veciñanza de Chapela.
Aseguran tamén que se ocultan os viais cara Meirande malia contar co apoio do PP no concello do Porto de Vigo “o PP está ocultando de forma electoralista o mandato da cúpula do PP de convertir Rande nun almacén de contenedores, así como non xestiona a Baixada de Aucosa debido aos intereses que posúe a Autoridade Portuaria de Vigo nesta zona”.
Por outra banda, os socialistas “denuncian a falta de información e consulta aos veciños e veciñas de Redondela, Reboreda e Cesantes debido a existencia dun novo trazado da N-550 que aparece no borrador do PXOM e que derivaría máis tráfico cara Cesantes. Actualmente, dito tráfico atópase limitado pola prohibición de circulación de camións de Pazos de Borbén polo centro de Redondela” prosiguen os socialistas “a iniciativa unilateral do PP de Redondela non é de futuro xa que formula quitar o scalextric, pero aumentando o tráfico por Cesantes e dispersar o tráfico por dous viais partindo máis dita parroquia”.