Hoxe é Luns 11 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER propón que o Concello deixe de organizar o Entroido de verán

RR_Noticias

Entenden que a festa se ten convertido nun “macro botellón consentido polo Concello”. Malia recoñecer que na última edición se adoptaron algunhas medidas acertadas non se logrou atallar “suficientemente os principais problemas e si que se creou unha cortina de fume para que o goberno local poida lavarse as mans respecto aos desmáns derivados do evento”. A Agrupación de Electores propón que o concello deixe de organizar esta festa e “que sexan os hostaleiros, máximos interesados polo beneficio que lles supón” os que asuman a súa organización.

Explican dende AER que “están a favor de que en Redondela a veciñanza participe e desenvolva iniciativas festivas e de ocio como é o Entroido de Verán, pero non do desafortunado evento no que nos últimos anos se foi convertendo este acto festivo”.
Un entroido cuxo éxito non debería cuantificarse polo número de asistentes, senón por que toda a veciñanza sexa quen de participar da celebración con seguridade e ambiente festivo respectuoso.
Entenden que as medidas adoptadas polo goberno local non lograron reconducir o evento que segue a ser unha festa “macrobotellón” moi afastado dun ambiente festivo na liña do popular “Martes de entroido” do inverno ou o Festival de Títeres, referentes culturais e do ocio en Redondela e comarca.
Apuntan ademais que non ten sentido que dende o Concello se estea organizando un evento coma este cando outros eventos culturais e musicais xa históricos van morrendo “sen que o goberno local os axude, apoie ou tome medidas ao respecto”.
Os membros da agrupación propoñen que se retome o modelo inicial e que sexan directamente os hostaleiros os que o organicen mediante a comisión de festexos que se cree ao respecto “contando con colaboración parcial do Concello naqueles aspectos máis culturais e de interese xeral como pode ser a programación familiar e infantil” e condicionando a autorización do evento a encamiñar a festa a unha cita diúrna, respectuoso, sen comportamentos machistas, de calidade a imaxe doutros eventos mesmo organizados en Redondela e non baseando o lecer no consumo descontrolado de alcol.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará