Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Comunidade de montes recupera o Lavapés de Saxamonte

RR_Noticias

A actuación realizada polos comuneiros permite recuperar un elemento importante do Camiño de Santiago que se atopaba deteriorado e invadido pola maleza. Os peregrinos poden xa refrescar os seus pés nesta fonte que ata o de agora non dispoñía de auga.

A comunidade de Montes realizou traballos de limpeza de maleza, cortáronse as pólas das árbores que se atopaban enriba área de descanso, colocáronse carteis para que os peregrinos coiden o lugar e se deposite o lixo en lugares apropiados.
O Concello colaborou con eles na recuperación do lavapés. Agora xa dispón de auga corrente que foi analizada e é potable polo que son centos os peregrinos que para a descansar nesta emblemática e fresca área de descanso, lavan os seus pes cansos do camiño e gozan dun fantástico entorno.
Dende a Concellería de obras Mª José Barciela salienta o “importante esforzo realizado pola Comunidade de Montes para recuperar este lugar na parroquia de Saxamonde”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará