Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG demanda maior seguridade viaria na contorna de Cidadelle

RR_Noticias

O tráfico pesado cara ás obras de urbanización do novo colexio en Chapela levaron ao concelleiro do BNG, Xoán Carlos González a solicitar ao goberno municipal que melloren as condicións de seguridade viaria para os peóns. Reclaman que a empresa construtora realice unha limpeza constante dos viais con fin de evitar arrastres de áridos aos regatos.

As obras de urbanización da “Finca Ginaria” para a construción do novo colexio “non facilitan o paso para os e as viandantes que por esta zona se desprazan a cotío”, segundo o edil nacionalista Xoán Carlos González. O vial de Subida a Cidadelle, ata o Camiño da Bruxa, discorre por unha zona dun importante desnivel. “Neste treito deberíase sinalizar un roteiro máis seguro para os peóns, pois teñen que esquivar á maquinaria e os coches particulares que por el circulan”, afirma
A forte pendente facilita que as choivas arrastren áridos, terra, partículas “que finalmente acaban no río Maceiras e chegan ao mar”. Por este motivo xa presentaron un escrito no concello demandando que o alcalde de Redondela se dirixa á empresa concesionaria para que a limpeza destes viais sexan constante e continuada.
Outra das peticións que cursan dende a organización nacionalista refírese a intersección da Avenida de Redondela coa Subida a Cidadelle. Neste punto conflúen varios viais, que coa importante intensidade de movemento de camións de grande tonelaxe “supoñen que moitos viandantes sufran todo tipo de molestias polo que demandamos que se sinalice un paso de peóns neste punto” conclúe o edil nacionalista.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará