Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os alumnos de infantil de Pazos estrean curso na renovada escola de Nespereira

RR_Noticias

O centro recuperará a actividade en todas as súas aulas e contará cun área de psicomotricidade, aseos reformados e novo acceso. En total son 13 os nenos e nenas que recibirán clases na antiga escola unitaria de Nespereira logo de que as instalacións experimentasen unha profunda reforma por petición dos propios pais dos alumnos que nos últimos anos recibían as súas clases na coñecida como “casa do Mestre”.

A reforma supuxo un longo proceso de restauración con diferentes fases, restaurando a aula principal durante o pasado curso e terminando a mellora no resto do centro durante o parón de verán. As obras arrancaron a finais do pasado ano garantindo as condicións de habitabilidade da aula principal, revisando os elementos de climatización, a instalación dun novo chan e diversos traballos de pintura e fontanaría nos baños adaptados para os pequenos. Ademais, desde o profesorado investiuse parte do orzamento do centro para adquirir novos mobles de soporte e almacenaxe para adaptarse ás novas dimensións da aula, máis espazosa que a usada anteriormente.
Os principais traballos centráronse durante este parón estival. Instalouse un novo acceso ao centro, máis amplo e seguro para a recollida dos pequenos por parte das súas familias, mellorouse o sistema de desaugadoiro e recollida de pluviais de todo o edificio e reformouse case á completa a aula secundaria, que agora se converterá nun espazo de psicomotricidade para que os pequenos poidan realizar todo tipo de actividades.
Para adaptar este novo espazo tivéronse que realizar varios traballos de albanelaría, fontanaría e electricidade ademais dos necesarios para instalar o novo chan e acondicionar por completa a aula, garantindo que cumpre con todas as medidas de seguridade e habitabilidade para os nenos.
Por último, a aula situada na antiga casa do mestre, e que até agora daba servizo ao centro, converterase nunha sala especializada en traballos manuais para os proxectos artísticos dos pequenos.
O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igresias, visitou os traballos en compañía do profesor titular do centro e amosou a súa satisfacción pola actuación realizada que “recupera un elemento entrañable para todos os veciños”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará