Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha subvención da Xunta permite contratar dez persoas en situación de exclusión social

RR_Noticias

A Xunta ven de conceder ao Concello unha subvención que ascende a 99.430,17 euros para a contratación de dez persoas perceptoras do RISGA durante 7 meses. Estes traballadores, que desenvolverán actividades de albanelaría e limpeza, contará cunha xornada laboral do 75%.

A Concelleira de emprego e benestar social, Mª Carmen Amoedo, valora moi positivamente a achega económica xa Xunta “esta subvención é moi importante para nós xa que supón introducir no mercado laboral a persoas perceptoras da RISGA que normalmente levan moito tempo fora deste mercado dándolles a oportunidade de seren independentes e vivir do seu propio traballo”. Estas persoas contratadas reforzarán aos servizos municipais xa que supoñen dez novos traballadores, tres postos de albanel e 7 peóns de limpeza. Dende o Servizo Público de Emprego remitiron ao Concello de Redondela a lista de posibles beneficiarios destes postos de traballo e realizouse o proceso de selección e xa comezaron a traballar esta semana. Estes operarios rematarán o seu contrato no mes de abril.  

Carmen Amoedo Benestar Social
Unha axuda para contratar persoa en situación de exclusión social

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará