Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente retirará as pedras na desembocadura dos ríos na praia de Arealonga

RR_Noticias

O goberno local nega as críticas da Asociación de veciños de Chapela quen denunciaron días atrás que o areal presenta “terras, pedras, cachos de ladrillos e restos de cascallos de obra”. Explica o edil de medio ambiente, Miguel Ángel Álvarez, que tan só hai algunhas pedras arrastradas polo río no lugar no que desemboca pero que xa se colocou un pequeno muro nese punto para garantir que “este material quede alí amparado e evitar que fora arrastrado ao mar”.  Aseguran que eses restos, concentrados nunha pequena área, será retirados en canto reciban o permiso de Costas.

Explica o responsable de Medio Ambiente que este material chega ao areal arrastrado dende o río cando se producen fortes chuvias “cando hai riadas os ríos erosionan e arrastran todo cara o mar, pero xa se adoptaron as medidas necesarias para que esas pedras non se espallen pola praia”. Engade que limpar a canle do río é moi difícil debido as características que presenta e garante o “bo estado de saúde da praia” tal como demostran os resultados das analíticas realizadas durante todo o ano e que se mantiveron sempre dentro dos parámetros aconsellables. Lamenta finalmente que dende a Asociación de Veciños se traslade á cidadanía a idea de que a praia non está en perfectas condicións.  

Miguel Ángel Álvarez Medio Ambiente
Asegura que as pedras está loclizadas nunha pequena área
Retirada das pedras
pendentes do permiso de Costas
Boa saúde de Arealonga
As análisis foron positivas todo o ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará