Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior, Pazos e Fornelos participan no programa interxeracional “Tecendo Lazos”

RR_Noticias

O programa diríxese a persoas de entre 6 e 99 anos e busca promover estratexias para o encontro e o intercambio de aprendizaxes entre rapaces e maiores. Os obradoiros vanse desenvolver entre setembro e decembro, incluíndo o módulo “A historia do meu municipio” para afondar na historia de cada Concello.

A Deputación de Pontevedra destina a esta actividade 60.000 euros para este ano, e son en total 40 municipios de toda a provincia os que participan. “Tecendo Lazos” diríxese aos Concellos de menos de 20.000 habitantes, e ten como obxectivo servir de encontro entre as distintas xeracións familiares, sensibilizar e intercambiar aprendizaxes, recursos, ideas e valores. En total, vanse desenvolver un mínimo de 52 obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre, a través dos cales se pretende poñer en marcha espazos para o encontro entre as xeracións máis novas e as máis maiores. Cada concello establecerá os seus propios prazos de inscrición para os obradoiros, que se van desenvolver entre setembro e decembro. Terán que ter un mínimo de 10 persoas e un máximo de 30, cun mínimo dun 40% de menores. A súa duración será de 16 horas e axustaranse a cinco áreas temáticas diferentes: “Risas en familia”, “Xogos e xoguetes tradicionais: xogando en familia”, “O noso son: bailes e cancións de agora e de sempre” e “Faino ti”. Todos os obradoiros incluirán o módulo “A historia do meu municipio”, a través do que se pretende que as persoas participantes se acheguen máis polo miúdo á historia do seu propio concello, recompilando historias, lendas, contos ou fotografías dos mesmos. Cada municipio elaborará un traballo que se presentará a un concurso, no que o gañador recibirá un premio consistente nun lote de produtos. Ademais de Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos, tamén participan no programa Meaño, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda, Tomiño, Valga e Vila de Cruces.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará