Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela refórzase con cinco fichaxes

RR_Noticias

No equipo de Primeira Nacional repite Fran Teixeira como adestrador, que incorpora a cinco xogadores para loitar con garatías polos primeiros postos da táboa na liga. Na categoría feminina tentarán manterse na División de Honra Prata con menos apuros que a pasada campaña. No club lamentan as dificultades para manter aos xogadores da canteira que destacan, xa que os mellores “marchan para outros equipos”.

O equipo do Balonmán Chapela comezará a temproada co mesmo obxectivo dos últimos anos: meterse nos primeiros postos da táboa para meterse na fase de ascenso. O presidente do club, Manuel González Soto, entende que “cun pouco de sorte e se os respectan as lesións” teñen posibilidades de acadalo. Para pelexar con garantías na liga o club volve confiar en Fran Teixeira como técnico, “unha peza fundamental do club” como explica Soto. Pero ademais contan con cinco importantes incorporacións: David Rei, lateral procedente do S.D. Teucro; Roberto Caseiro, porteiro chegado do OAR Coruña; Miguel Sío, extremo procedente do Acanor Novás; Adrián Lomba, pivote que chega do Seis do Nadal e Roberto Sanchez “Bicho”. Esta última fichaxe, procedente do Vila de Aranda, é unha das que fai maior ilusión ao club e aos afeccionados. Supón o regreso á casa dun home forxado na canteira do BM. Chapela e que nos últimos anos militou no Villa de Aranda. Na categoría feminina o club fichou a Lorena Ligero, nova porteira procedente do Asmubal Meaño, que se incorpora ao equipo para achegar o máximo posible e acompañar en portaría a Pamela e a Alba. As de Lupo tentarán manter a categoría de División de Honra Prata con menos apuros que a pasada campaña, malia o difícil que resulta para o club confeccionar un equipo de garantías con poucas da canteira. E é que tanto nas categorías base femininas como nas masculinas, cada vez é máis complicado manter aos xogadores que destacan, segundo lamenta o presidente. Sinala que os mellores “marchan para outros equipos en canto son convocados pola Selección Galega”. Soto entende que se son elixidos entre os mellores da comunidade “é porque as cousas se fan ben no BM. Chapela”, por iso lamenta a decisión das familias de levar aos rapaces a outros clubs da provincia. E tamén denuncia a actitude dalgúns directores técnicos, que só “miran o seu” e abandonan o club levando con eles a xogadores da casa.

Manuel González Soto presidente BM Chapela
O obxectivo da temporada é meterse entre os catro primeiros.
Fichaxes
O equipo conta con cinco incorporacións.
Feminino Honra Prata
O equipo de Lupo tentará manterse na Divisón de Honra Prata con menos apuros que a pasada campaña.
Manter a canteira
Soto lamenta que os mellores marchen para outros equipos en canto son convocados pola Selección Galega.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará