Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Entroido de Verán duplica vixilancia e instala puntos para denunciar actos de violencia machista

RR_Noticias

A Xunta Local de Seguridade reuniuse para coordinar e fixar obxectivos para o festival que se celebra o próximo sábado, día 18. O Concello puxo en marcha a campaña “Redondela 0,0”, reforzará os controis de alcolemia, a venta de alcol a menores e instalará tres puntos de asesoramento para casos de violencia machista.

Redondela reuniu onte a Xunta local de Seguridade, co-presidida polo alcalde Javier Bas e a subdelegada do goberno Maica Larriba, e á que asistiron representantes dos diferentes corpos e forzas de seguridade. Nesta Xunta de Seguridade púxose en marcha o protocolo de coordinación e comunicouse os efectivos que tanto en materia de seguridade, como de sanidade e emerxencias van estar operativos o vindeiro sábado día 18 de Agosto. Acordouse facer un control intensivo e especial sobre agresións sexuais e violencia machista, o consumo de alcol por parte de menores, así como unha vixilancia continuada sobre supermercados e locais de ocio para evitar a venda de bebidas alcólicas a menores de idade. Tanto o Bas como Larriba apostaron porque este Entroido de Verán “sexa un punto de partida para concienciar sobre a campaña “Redondela 0,0: 0 Machismo, 0 Vandalismo, 0 Botellón e 0 Drogas”. Na reunión destacáronse os tres “Puntos Morados” de información e asesoramento para casos de agresións machistas. Un estará facilitado pola Secretaria Xeral de Igualdade para a prevención de agresións sexuais, e haberá dous puntos máis de información instalados polo Concello. Un deles contará cunha psicóloga e unha técnica de xénero vinculadas ao hospital de campaña, e o terceiro será por medio da Asociación Erguete, dentro da campaña “Tolerancia 0 coa Violencia Machista”.
Dispositivo sanitario e de seguridade
O dispositivo sanitario auméntase cunha carpa con UCI e unha UCI móbil, dúas ambulancias medicalizadas e unha unidade de comunicacións avanzada. O dispositivo de seguridade duplica o número de vixilantes, ao pasar de 20 a 40 efectivos. Ademais poranse en marca as accións do Concello para concienciar aos máis novos de que “se pode saír de festa sen consumir alcol”. Haberá obradoiros de danza urbana e de elaboración de cocktails sen alcol.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará