Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha moza falece nun accidente en Amoedo

RR_Noticias

Perdeu o control do turismo no que viaxaba ao sair dunha curva na EP-2908 á altura de Amoedo, en Pazos de Borbén. O coche quedou no fondo dun barranco, o que dificultou os labores de rescate. A conductora, de 28 anos, era natural de Paredes, Vilaboa.

O accidente aconteceu na mañá do sábado, sobre as 07.00 horas, nunha zona na que hai pouco tránsito. O sinistro produciuse na estrada EP-2908, que comunica as poboacións de Amoedo e de Arcade, á altura do punto quilométrico 11, cando o vehículo saía dunha lixeira curva á esquerda. O coche que conducía a moza, de 28 anos de idade e identificada como C.L.R., veciña de Paredes, saíu da estrada pola marxe dereita por causas que se están a investigar. O coche precipitouse seguidamente por un pronunciado terraplén, quedando no fondo do barranco tras envorcar e dar unha volta. A muller, que levaba o cinto de seguridade, morreu no mesmo lugar do accidente como consecuencia das gravísimas lesións sufridas na caída do coche. Ao lugar do accidente desprazáronse varias patrullas da Garda Civil, alertadas por un veciño. Tamén foron enviados os servizos sanitarios, que non puideron facer nada pola condutora. O tráfico estivo condicionado durante todo o tempo que duraron os labores de rescate do corpo.
Accidente en Redondela
Por outra banda unha colisión por alcance entre tres turismos en Redondela saldouse na tarde do sábado con catro persoas feridas de carácter leve. O accidente ocorreu no quilómeto 137 da N-550.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará