Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Montes impóñense en Santa Mariña

RR_Noticias

O Coruxo venceu ao Choco (1-2) en Redondela e levou para Vigo o seu propio Trofeo San Lorenzo, que se xogou en Redondela para non afectar o céspede do Vao. Jacobo e Marcos Montes, os dous últimos adestradores do C.D. Choco, regresaron a Santa Mariña como técnicos do Coruxo e levaron o triunfo con goles de Samanés e Óscar Martínez. Gabri recortou distancias para o equipo de “Gonza” na segunda metade.

Choco 1-2 Coruxo
O partido comezou con opcións para os dous equipos, tratando de apoderarse da pelota para facerlle dano ao rival, pero a calidade do equipo vigués fíxose patente nunha rápida contra. Silva, tamén exchoqueiro, como Fernando, Lucas e Mateo, liderou a contra e enviou un pase para Samanés. O ex xogador do Valladolid B abriu o marcador cun forte disparo cruzado. O Choco quixo reaccionar, pero os do Vao dominaban o xogo, e así foi ata o descanso. Na segunda metade o equipo de Gonzalo Fernández buscou a igualada, pero os vigueses souberon defender a vantaxe. Xa no minuto 70 chegou o segundo do equipo dos irmáns Montes cun gol de Óscar Martínez. Cinco minutos despois Gabri conseguía recortar distancias logo dun pase en profundidade de Caloi. E aínda tivo tempo o Choco de seguir pelexando polo empate, con varias ocasións pero sen acerto, e o Coruxo fíxose co triunfo.
Atios e Vilalonga
Esta semana o Choco disputará outros dous amigables, será en horario de mañán. O mércores día 15 mediranse en Santa Mariña ao Atios, e o sábado 18 o partido será ante o Vilalonga, ambos ás 12.00 horas. Serán as últimas probas antes de comezar a liga, o próximo 26 de agsoto. Será en Carballo ante o Bergantiños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará