Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saneamento en Saxamonde e novos aparellos biosaudables en Cesantes

RR_Noticias

O Concello de Redondela vén de contratar a obra de ampliación da rede de saneamento na estrada de Padrón, en Saxamonde, que dará servizo a unha decena de vivendas. Tamén se instalaron no paseo da praia de Cesantes novos elementos biosaubles de aceiro inoxidable, para substituir aos vellos xa deteriorados.

O Concello de Redondela contratou a obra de ampliación da rede de saneamento na estrada de Padrón, en Saxamonde. Con esta obra execútase unha nova rede de colectores de saneamento na parroquia, co se dotará de saneamento a una decena de viviendas. O importe do proxecto ascende a 62.000 euros. A totalidade da rede de saneamento será separativa e discurrirá por gravidade. Segundo explica o goberno local colocaranse pozos de rexistro de 1 metro de diámetro nun proxecto “de gran complexidade” debido ás cotas de altura. Para o seu correcto funcionamento é preciso instalar un sistema de bombeo que inclúe un pozo de formigón de 2,3 metros que albergará as bombas. Os traballos únense ás obras realizadas o pasado ano na estrada N550 ao seu paso por Saxamonde e que permitiron dar servizo a unhas 40 vivendas, logo dun inverstimento de 174.000 euros.
Novos aparellos biosaudables na praia de Cesantes
O Concello de Redondela vén de instalr un novo parque biosaudable na Praia da Punta, en Cesantes, para substituir os elementos retirados hai uns meses debido ao seu estado de deterioro. O novo parque, instalado no paseo, consta de sete elementos construidos en aceiro inoxidable, o que lles proporciona maior calidade e durabilidade que aos anteriores, realizados en aceiro galbanizado. O material empregado agora “compórtase mellor no ambiente mariño ao que está exposto nesta zona”, como explica o goberno local. O novo parque permite realizar exercicios de ximnasia ata por 12 usuarios de xeito simultáneo, xa que algúns dos aparellos son dobres. Para a súa instalación foi necesaria a autorización do Servizo de Costas. O importe da inversión ascende a 12.000 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará