Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades para todos nas Festas de Reboreda

RR_Noticias

As actividades comezan mañá sábado, día 11, cunha programación dirixida aos máis novos con música e actividades de aventura. O domingo celebran a Romaría dos Maiores e as actividades continuarán desde o luns e ata o xoves con actos relixiosos e verbenas.

Mañá sabado, desde 17:00 horas, os rapaces contarán con novidades como tirolina, rocódromo, circuito de buggies a motor e animación infantil. Pola noite a música animará a bailar cunha sesión disco e búfalo mecánico, ademais da tirada de fogos de artificio á medianoite. O domingo, día 12, celebran a Romaria dos Maiores con diversas actividades, como un tren turístico gratuito para todos os que desexen dar un paseo pola parroquia, así como unha ampla oferta gastronómica con prezos populares. Haberá tamén unha feira de artesanía, e a sesión vermouth correrá a cargo do Trío Pentágono e a Charanga Vaite Xa, ademais dun concerto coa Banda de Música de Redondela. Desde o luns, e ata o xoves, continuarán as actividades cos actos relixiosos e as verbenas.  

Javier Sotelo comisión de festas
O sábado é o día dedicado ao público infantil e xuvenil e o domingo a Romaría dos Maiores.
Verbenas
O martes e mércores haberá actos relixiosos e verbenas
Racheiras e coplas
O luns haberá diferentes actuacións
San Roque
O xoves rematan as festas coa celebración de San Roque.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará