Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música acústica, rock, clásica e humor na fin de semana de Redondela e Chapela

RR_Noticias

Fin de semana cargada de actividades que comeza hoxe venres co concerto de El Sol Desnudo, na Praza da Casa da Torre, ás 22.00 horas. O sábado, no mesmo escenario sonará o rock con Retroblues e Jhonander, mentres na Igrexa de Santiago actúa o coro e orquestra do curso de verán Tamara Brooks. O domingo o humor chegará a Chapela con Alcómicos Anónimos na Alameda Rosalía de Castro ás 22.00 horas.

El Sol Desnudo combina a electrónica nas bases rítmicas co tratamento acústico nas guitarras e unha forte presenza das voces na maioría dos temas. Mañá será a noite do rock en directo con grupos de Redondela e bisbarra, e que comezará a partir das 22 horas na praza de Casa da Torre con Retroblues e Jhonander. Tamén o sábado, na Igrexa de Santiago de Redondela, actuará o Coro e Orquestra do curso de verán Tamara Brooks, con alumnos e profesores, polo que medio cento de músicos e cantores participarán no concerto. E xa o domingo a retranca será a protagonista na Alameda Rosalía de Castro de Chapela. Stephy Llaryora e Víctor Grande son Alcómicos Anónimos, os seus monólogos cargados de humor comezarán ás 22.00 horas, dentro da programación que organiza a Concellería de Cultura. Todas as actividades son con entrada de balde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará