Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Salgueiral, un novo parque con moito xogo

RR_Noticias

O parque infantil do Salgueiral vai experimentar unha reforma integral, con superificie de céspede artificial, un gran areeiro con excavadoras e unha tirolina de 20 metros, entre outros xogos. Os traballos, cun orzamento duns 58.000 euros, estarán rematados a finais de setembro.

Ata o 17 de agosto está aberto o prazo para que as empresas presenten ofertas para a reforma integral do parque, que inclúe tanto a renovación dos aparatos como a instalación dun novo firme. O proxecto contempla a retirada de todos os elementos que están ne malas condicións e instalación de novos xogos. A concelleira María José Barciela explica que se trata dun parque situado nunha zona onde agora residen “moitas familias con nenos” e que está a experimentar cada vez “máis actividade”. O Concello decidiu realizar alí unha reforma “integral” para dotar ao barrio dun parque cunha tirolina de máiss de 20 metros, miniexcavadoras de aceiro inoxidable, xogos de area, columpio de cesto e columpios para bebés, entre outros xogos. Sustituirase a superficie de area por céspede artificial, malia que quedará tamén unha zona de areeiro. Barciela salienta que será un parque “moi atractivo” con elementos que darán “moito xogo aos rapaces”. Trátase de aparatos “con movemento, que son os que teñen máis éxito entre os rapaces” como explica a concelleira. Este parque conta cun orzamento de 58.000 euros que será cofinanciado entre o Concello e a Xunta de Galicia. O goberno autonómico achega unha subvención de 35.000 euros. Barciela explica tamén que as obras realizaranse “en tempo récord” e o parque poderá inaugurarse a finais de setembro. Alameda de Redondela Outra importante obra que está a acometer o departamento que dirixe María José Barciela é a reforma da alameda redondelá. A principal zona verde da vila presentaba problemas de deterioro polo paso dos anos, e facíanse necesarios os traballos de mantemento, segundo explica a edil “sobre todo para manter especies como o buxo”. Non haberá grandes cambios neste espazo, senón que o obxectivo é “conservar” a alameda como “símbolo de Redondela que é”. Xa se substituiron as reixas metálicas dos xardíns por granito, o que favorecerá o mantemento do mirto. Remodelaranse algunhas das ramplas de acceso ao parque para cumprir coa normativa de accesibilidade en espazos públicos. Unha vez rematada a obra, a finais de setembro, colocarase unha placa co nome de “Alameda Alfonso Daniel Rodríguez Castelao”, unha denominación xa existente desde hai décadas, malia que a ausencia de letreiros con esta denominación fai que moitos redondeláns o descoñezan.

María José Barciela concelleira
O parque vai experimentar unha reforma integral.
Xogos con movemento
Tirolina excavadoras e xogos con moito movemento para os nenos.
Reforma da Alameda
As obras da alameda rematarán en setembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará