Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O festival Sinsal celebrado en San Simón xera medio millón de euros de impacto económico

RR_Noticias

Son datos do informe elaborado pola Universidade de Santiago e a Axencia Galega de Industriais Culturaisde. A oitava edición do Festival Sinsal SON Estrella Galicia, celebrado do 26 ao 29 de xullo na Illa de San Simón supuxo un retorno económico de 525.000 euros de impacto económico. O público asistente valorou o evento cun 8,6 sobre 10.

Así o subliñou onte no pazo de Pousadouro Jacobo Sutil, director da Agadic, na presentación dos principais resultados do informe. Os datos foron obtidos a partir de enquisas directas a 1.224 asistentes e o volume de ingresos foi facilitados polo festival, que esgotou as entradas e reuniu 2.300 persoas diferentes durante os catro días de celebración. Delas, un 22% procedía de fóra de Galicia e preto dun 5% de fóra de España.
Xunto con Sutil, participaron no acto celebrado no pazo redondelán a concelleira de Cultura,Teresa Paris; Luís Campos, codirector do Festival Sinsal, e Francisco Sanjiao, profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago e codirector do estudo con Fran Núñez. Segundo o informe o perfil tipo do asistente máis común ao festival é o dunha muller, de entre 25 a 34 anos. Un dato que entronca co traballo que se vén desenvolvendo desde a organización a favor dunha programación con perspectiva de xénero e da incorporación de mulleres nos postos de responsabilidade e técnicos. O gasto medio de 81,31 euros por persoa e día, do que o 68% realízase na comarca, é outro dato importante, xunto coa excelente valoración dos servizos (superan o 9 sobre 10 a localización e integración na contorna, a xestión de residuos, o trato do persoal, a seguridade, os escenarios e o seu mantemento).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará