Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla para previr o consumo del alcol

RR_Noticias

“Ti decides a quen serves” é o título da chrla que impartirá a Asociación Érguete este xoves en Redondela. Está dirixida a hostaleiros e responsables de supermercados para evitar a venda de alcol a menores. A cita é o xoves, día 9, ás 10.00 na Casa da Cultura.

O Concello de Redondela, dentro da campaña de concienciación de hábitos saudables enfocado ao Entroido de Verán, organiza da man de Érguete unha charla dirixida a hosteleiros e responsables de supermercados. O obxectivo é evitar a venda de alcohol a menores e o botellón. Noa Pereira, psicóloga experta en prevención de condutas adictivas será a encargada de impartir a charla. Esta asociación tamén terá o seu oco o propio día do Entroido, o 18 de agosto, con diferentes actividades como obradoiros de cócteles sen alcol e de baile.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará