Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración contra a violencia de xénero con manifesto da Asociación Cultural Cidadelle

RR_Noticias

Esta tarde celébrase na Praza do Concello a concentración mensual contra a violencia de xénero. Trátase dunha iniciativa do Consello Municipal da Muller que nesta ocasión contará coa lectura dun texti a cargo da Asociación Cultural Cidadelle. O Concello convida a toda a veciñanza a unirse ao acto correspondente ao mes de agosto. A cita é ás 20.00 horas.

A iniciativa, con carácter mesual, está ideada e consensuada polo Consello Municipal da Muller no que participan colectivos de mulleres redondelás, partidos políticos e sindicatos, e ten como obxectivo aumentar a visibilidade deste tipo de violencia e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller, depende de todas e todos. Tamén se quere mostrar a repulsa da cidadanía redondelá cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as persoas vítimas desta lacra social. O acto incluirá, ademais da propia concentración, a lectura dun texto que será colleita, neste mes, da Asociación Cultural Cidadelle. Como símbolo gardarase un minuto de silencio e procederase á colocación dunha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello. Para máis información poden dirixirxe ao Centro de Información ás Mulleres (CIM) na rúa Isidoro Queimaliños, 2, ou no teléfono 986 40 80 43.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará