Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Érguete imparte unha charla sobre a resolución de conflitos na familia

RR_Noticias

O Multiúsos da Xunqueira acolle o martes ás 19.00 horas a charla “Resolución axeitada de conflitos” destinada ás familias con fillos/as das etapas infantil e primaria. Unha actividade enmarcada no Proxecto de Prevención de Drogodependencias e Condutas Aditivas da Xunta de Galicia que a Asociación Érguete está a desenvolver no Concello de Redondela.

Os obxectivos desta charla son reflexionar e analizar os diferentes conflitos que teñen lugar no ámbito familiar, coñecer estratexias de intervención ante a posible aparición dos mesmos, identificar os erros habituais á hora de resolver ditos conflitos así como establecer as bases para conseguir unha comunicación efectiva. Pais e nais recibirán pautas de negociación para establecer vías de diálogo e de resolución de problemas cos fillos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará