Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE critica a “mala ubicación” elixida para os semáforos na N-550

RR_Noticias

Aseguran que a ubicación elixida para instalar o grupo semafórico da N-550 non é a axeitada, xa que non regula o tráfico procedente da Rúa das Cardosas. Explican os socialistas que os vehículos que acceden a nacional dende ese vial non contan con boa visibilidade e que son frecuentes os accidentes. Critican ao goberno local por non ter supervisado a colocación dos semáforos.

A ubicación elixida por Fomento para a instalación dun grupo semafórico que regule a contorna da rotonda de entrada a Redondela onde conflúen a N-550 e a N-555 non convence aos socialistas. Aseguran que á hora de colocar estes semáforos non se tivo en conta a falta de seguridade existente na saída que posibilita diferentes direccións dende a Rúa das Cardosas cara a N-550 o que levou a “moitos veciños e veciñas a trasladarlles as súas queixas debido a que é unha zona en costa que da paso á N-550 onde podes escoller dúas direccións. A contorna da zona, a cal só posúe un stop para regular o tráfico, non permite unha visibilidade óptima e son frecuentes os accidentes entre vehículos. A esta falta de visibilidade, súmase que moitos viandantes circulan e cruzan por está zona xa que os autobuses soen parar a carón da Rúa das Cardosas”.
Para os socialistas “a falta de xestión do PP é evidente cando non supervisa a seguridade vial total da contorna”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará