Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes lamenta que as demandas da parroquia queden fóra dos investimentos do remanente

RR_Noticias

O recentemente nomeado presidente da Asociación de Veciños, Fernando González Fontán critica que no concello non se atendan as súas reclamacións. Temas como a mellora da praia “con plaquetas levantadas, degradación da duna, papeleiras de lixo que non se baleiran” ou melloras en camiños e dotación de mobiliario “son recorrentes no consello parroquial ou con constantes notificacións por rexistro” que aseguran “non reciben resposta”. González Fontán fai un chamamento aos veciños para que se impliquen en maior medida coa Asociación.

O concello vén de aprobar os investimentos do 1,6 millóns de euros de remanente. Entre as partidas previstas a única que vai para esta parroquia é un investimento na renovación do alumeado do paseo da praia. Unha achega que na Asociación de Veciños vén claramente insuficiente. O seu presidente explica que levan anos reclamando melloras en diferentes ámbitos, moitas delas que beneficiarían á cidadanía en xeral xa que afectan a praia de Cesantes: reparacións dos elementos de xogo e mellora do parque infantil, recuperación do areal que cada vez está máis degradado, papeleiras que non se recollen ou baños que permanecen pechados malia a chegada do bo tempo. “non entendemos que non se atendan esas peticións, a aínda menos cando conta con bandeira azul”. Con todo as súas demandas abarcan tamén outras cuestións como o arranxo do camiño do Tanque “unha senda que enlaza dous barrios e que serve tamén apra acceder á praia, conta cunha fonte e un lavadoiro totalmente abandonado que o goberno non arranxa porque segundo din ninguén o usa” explicacións que non convence a Fernando González “é patrimonio do concello e a súa obriga e mantelo en condicións”. O presidente da Asociación insiste en que para asegurar que as súas demandas son escoitadas e atendidas cómpre que os veciños estean dispostos a loitar por elas “temos 670 socios, pero precisamos que se involucren máis”.  

Fernando González AVV Cesantes
Critican a cantidade do remanente que se investirá en Cesantes
Abandono da praia
Enumera unha serie de problemas que presenta a praia de Cesantes
Camiño do Tanque
é unha das súas últimas demandas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará