Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar no barrio do Cubillón en Chapela polos continuos cortes no subministro da auga

RR_Noticias

No que vai de ano os veciños sufriron xa catro cortes no subministro debido ás continuas roturas das tubaxes. A situación provoca nalgúns casos que o corte se prolongue incluso durante días. Ante esta situación dende a Asociación de veciños da parroquia reclaman que se proceda a substitución e cambio integral da vella tubaxe de uralita de xeito urxente co gallo de garantir o abastecemento aos veciños da zona.

Explican dende a Asociación que os veciños do Cubillón en Chapela “están fartos e cansos polas continuadas roturas da tubaxe do abastecemento da auga de consumo, cos conseguintes cortes no subministro, catro no que vai de ano.
Engaden que as continuas roturas das vellas tubaxes de uralita deixa durante moitas horas, incluso días, sen servizo a toda a zona. Cando se repón nalgúns casos prodúcense avarías e roturas nos electrodomésticos debido a que a auga chega chea de impurezas e area.
Ante esta situación os veciños afectados recolleron 80 sinaturas nas que amosan o seu malestar e que foronentregadas no concello solicitando que se proceda ao inmediato cambio das tubaxes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará