Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mauro Rodríguez acada o seu primeiro ouro internacional no Open de Valladolid

RR_Noticias

O nadador do Darlim Racing Chapela, Mauro Rodríguez Baliña, fíxose a pasada fin de semana en Valladolid coa súa primeira medalla nun campionato internacional. Foi no Open de Natación Adaptada de Valladolid, onde subiu ao máis alto do podio na proba de 100 metros bolboreta.

Mauro superou con claridade a todos os seus rivais cun tempo de 1:21. O nadador lugués quedou a escasas décimas de lograr a mínima A para o primeiro Campionato de Europa de natación para deportistas con síndrome de Down, que se disputará en París o próximo mes de xullo e no que aínda non se decidiu que a proba de 100 metros. A que si se celebrará con seguridade é a de 50 metros, na que Mauro Rodríguez competirá ao conseguir a marca mínima na competición valisoletana. Nesta distancia quedou en cuarta posición, só superado por tres discapacitados físicos. O presidente do club, Enrique Carro, amósase moi satisfeito cos resuiltados do nadador, e salienta “o excelente estado de forma” de Mauro, froito do seu esforzo e traballo diario. Pero Mauro non é a única estrela do Darlim Racing Chapela. A pasada semana o club conquistou nove medallas, con seis ouros e tres pratas no Campionato Galego de natación para persoas con discapacidade intelectual, que se disputou na Cañiza cunha ampla participación de deportistas de toda a comunidade autónoma. Ademais de Rodríguez Baliña, na proba galega tamén subiron ao podio outros depostistas do Racing Chapela, como Iván Lago, Iria Gómez e Irene Rodríguez. Campionato Galego de Atletismo Pero a natación non é a única disciplina na que destaca o club redondelán. A próxima semana, o mércores día 16 de maio, o Darlim Racing Chapela vai participar no Campionato Galego de Atletismo. Unha proba na que os deportistas que dirixe Enrique Carro teñen moitas opcións de medallas, como é o caso de Sonia García, Enrique Sampedro, Daniela Montenegro e Iván e Eva Lago.

Enrique Carro presidente do Darlim Racing Chapela
Carro amósase moi satisfeito cos resultados do nadador que son froito do seu esforzo e traballo diarios.
Campionato Galego de Atletismo
A próxima semana o club participa no campionato autonómico de atletismo con opción de levar varias medallas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará